Cartel del evento Bergondo Raid

Bergondo Raid

  • Carrera de aventura
  • 12 de abr 10:00 (CEST)
  • Bergondo - Galicia

Bergondo Raid

Modalidades

Dónde/Cuándo

Bergondo - Galicia

12 de abril de 2025 10:00 (CEST)

  • 3+0 12 de abr 10:00 (CEST)
  • 2+1 12 de abr 10:00 (CEST)
  • Orientaraid 12 de abr 10:00 (CEST)

Descripción

BERGONDO RAID


INDICE
• saúdo da alcaldesa
• introducción e características da proba
• localización e servizos
• categorías
• inscricións
• cronometraxe
• programa
• tempos estimados
• equipamento
• regulamento
• equipo organizativo
• turismo de Bergondo, onde durmir e comer
• contacto organización



SAÚDO DA ALCALDESA

Benvidos e benvidas ao Bergondo Raid, unha proba que será o Campionato Galego de Raid de Orientación. Para o noso concello é unha gran honra e un pracer poder acoller unha competición desta relevancia, que non só promove o deporte e os seus valores, senón que tamén nos permite dar a coñecer o noso territorio, a nosa riqueza natural e o noso patrimonio.
En Bergondo apostamos polo deporte como un motor de cohesión social e como medio para fomentar un estilo de vida saudable en contacto coa natureza. Estamos convencidos de que esta experiencia será memorable para todos os participantes, tanto a nivel deportivo como persoal. 

Desfrutar da paisaxe que ofrece a ría de Betanzos desde unha xoia arquitectónica como é o Pazo de Mariñán, coñecer a nosa historia de emigración e esforzo na Senra, visitar as nosas praias ou os nosos pazos, percorrer quilómetros nas nosas rutas de sendeirismo... Son algunhas das propostas que vos facemos para que teñades unha estadía agradable no
noso concello.
Desexámosvos que o campionato se desenvolva do mellor xeito posible.
Moita sorte a todos e todas e, sobre todo, que desfrutedes desta fermosa disciplina nun marco incomparable como é Bergondo.
Un cordial saúdo,
Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa de Bergondo

INTRODUCCIÓN.

¿Qué é un raid de orientación?
Un raid é unha proba multidisciplinar, que combina varias disciplinas deportivas, todas elas baixo o marco da orientación. Particípase en equipo, xeralmente mixtos de entre 2 e 4 persoas. As principais disciplinas son a carreira ou camiñada a pé, o ciclismo de montaña e o kaiak, dentro do marco do deporte da orientación.
Que está baixo o marco da orientación quere decir que os equipos avanzarán coa axuda dos mapas facilitados pola organización, onde estarán identificados os diferentes puntos de control ou balizas, por onde teñen que pasar os competidores.
Os raid de orientación practícanse na natureza, con total respecto ao medio e sempre con medios de progresión sostibles como son a carreira a pé, a bicicleta e o kaiak.

Características do Bergondo Raid
Bergondo raid é unha proba de uns 70 kms. de percorrido total nas categorías 3+0 e 2+1 e 35 kms. na categoría de Orientaraid e Junior divididos en varias seccións de btt, carreira a pe, coastering e kaiak. Tamén haberá algunha proba especial de puntería.
O terreo deste raid é unha combinación de bosque galego, con zoas de bosque de eucalipto, así como zoas semiurbáns, mar e río. A carrera percorrerá sendas, camiños, pistas sen asfaltar e asfaltadas e cruzará algunha vía principal.
Bergondo Raid é un raid para tódolos públicos. Calquera persoa que teña montado en bicicleta de montaña e en kayak recreativo, poderá probar e participar nesta disciplina deportiva na categoría de orientaraid, onde tanto a esixencia física coma técnica e de orientación será sinxela. Ao mesmo tempo o percorrido longo das categorías 3+0, 2+1, será o suficientemente esixente para os equipos acostumados a participar en probas desta índole.
Animamos a tódolos afecionados ao deporte ao aire libre a participar nesta festa da orientación e o multideporte nun concello que ten moito que ofrecer, tanto pola súa natureza interior como polas súas praias e patrimonio cultural, enmarcada dentro da
Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Por todo isto Bergondo é coñecido como a Xoia das Mariñas.
 

LOCALIZACIÓN E SERVIZOS.
Centro de competición, secretaría, chan duro e duchas:
Área deportiva A Senra

CATEGORIAS
3+0 70KMS.
2+1 70KMS.
Orientaraid (equipos de 2 a 5 compoñentes) 35 kms.

INSCRICIÓNS
*Aqueles corredores sen licencia anual, pagarán 2 euros de licencia dun día.
Enlace para as inscricións: www.tracktherace.com

CRONOMETRAXE.
A carreira será cronometrada polo sistema de Sport-ident. Aqueles corredores que non dispoñan de dispositivo Sport-ident deberán aboar 2 euros en concepto de aluguer.

PROGRAMA

20:00 do Venres Apertura Chan Duro
8:00 Entrega de dorsais e documentación
9:30 Breafing e últimas indicacións técnicas
10:00 Saída de tódalas categorías
19:30 Peche de meta
20:00 Entrega de trofeos
20:30 Pincho de confraternización

TEMPOS ESTIMADOS

PRIMEIROS EQUIPOS TEMPO MEDIO TEMPO TOTAL PARA COMPRETAR A PROBA ORIENTARAID 3 HS. 4 HS. 6 HS.

3+0 6 HS. 7:15 9:30
2+1 6 HS. 7:15 9:30

EQUIPAMENTO

POR EQUIPO
BRÚJULA recomendable de muñeca o dedo
GEOLOCALIZADOR TRACKTHERACE facilitado por la organiación
BOTIQUÍN vendas, gasas, tijeras, desinfectante, esparadrapo, 2 antiinflamatorios, 3 analgésicos, tijeras, 2 apósitos para ampollas, 
TELÉFONO MOVIL CON PIN INSCRITO obligatorio llevar apagado en carrera (solo usar en caso de emergencia)
KIT REPARACIÓN BTT: Bomba, Cámara, parche, juego allen, tronchacadenas, desmontables 
KAYAK (faicilitado por organización)

POR CORREDOR
MOCHILA MÍNIMO 2 LITROS DE CAPACIDAD
SILVATO
BICICLETA DE MONTAÑA En buen estado de uso y con ruedas de tacos.
CASCO Homologado
LUZ ROJA MTB
MANTA TÉRMICA
RECIPIENTE PARA AGUA MÍNIMO 1 L. BOTELLA, CAMEL BAG, FLASH O SIMILAR

CORTAVIENTOS O CHUBASQUERO CAMISETA TÉRMICA MANGA LARGA
GORRO O BUFF
PINZA SPORTIDENT MODELOS SI10, SI11, SIAC 

En orientaraid sólo
1 por equipo
CHALECO SALVAVIDAS FACILITADO POR LA ORGANIZACIÓN.
PALA (2 POR EQUIPO) FACILITADO POR LA ORGANIZACIÓN. PODÉIS USAR VUESTRAS PALAS
 

REGULAMENTO

Esta proba estará rexida polo regulamento anual fegado de Raid de Orientación
• Regulamento Raid de Orientación Fegado
• Normativa anual Raid de Orientación

Xuiz Controlador: Iván Somoza Argibay

EQUIPO ORGANIZATIVO


• Dirección de carreira. Pablo López Franco
• Secretaría e cronometraxe. Ricardo Figueroa
• Trazados, cartografía e traballo de campo. Pablo López Franco e Nolo Esmorís
• Montaxe e loxística. Alberto Morlán
• Permisos. Ricardo Figueroa
• Balizaje. Nolo Esmorís
Agradecemento a Javier Arufe pola cesión de cartografía rexistrada.

TURISMO DE BERGONDO


Onde comer e durmir
Bergondo ten unha gran oferta de restauración, onde os visitantes poderán degustar productos locais de proximidade.
Para aloxarse, Bergondo presenta a seguinte oferta dentro do Concello:
- Hotel Los Olivos. https://hotelosolivos.com/
- Hotel Torques. https://hoteltorques.com/
- Pensión Bos. 981 79 50 92

Contacto organización: [email protected]
 

Inscripciones

Proceso de inscripciones: Abierto

Desde 17 de ene 18:33 (CET)

Hasta 01 de abr 23:59 (CEST)

Métodos de pago aceptados:

Contactar con la organización

Envía tu consulta a la organización de Bergondo Raid. Te responderán lo antes posible.

Contacto

Este sitio utiliza cookies.

Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información en la Política de Cookies de nuestros Términos de uso

Cargando